Alma Fisterrá, a súa casa mariñeira en Fisterra

Esencia Fisterrá

Alma Fisterrá dálles a benvida a esta casa mariñeira sita no núcleo de Fisterra. Esta antiga casa mariñeira reformada no 2020 abre as portas ós seus hóspedes ofrecéndolles unha estancia tranquila e acolledora integrada na vida cotiá da vila.

Alma Fisterrá

Estancias con Alma

A pedra vista da fachada agocha un aloxamento que sorprende polas súas dimensións nada máis entrar. O que parece dende o exterior unha pequena vivenda móstranos a súa verdadeira dimensión nada máis acceder ó interior da casa e deixar atrás a rúa.

Na planta baixa saúdanos o corazón da casa onde desfrutaremos dun salón cun amplo sofá-cama e abríndose cara ao fondo da estancia, a cociña totalmente equipada. Ó fondo da cociña temos a saída á terraza; un tranquilo espazo diferenciado onde desfrutar do aire libre ó sol. Esta planta baixa dispón ademais dun baño completo con prato de ducha.

Subindo pola escaleira chegamos á primeira planta, franqueada no exterior por dous pequenos balcóns que miran para cadansúa rúa; dispomos aquí das dependencias destinadas ó descanso.

Para favorecer este repouso recuperador, Alma Fisterrá conta cunha habitación principal espazosa e cunha sensación de amplitude difícil de predicir cando observamos a construción dende o exterior. Dotada dunha cama de 160x200 con colchón híbrido adaptable así a tódolos formatos anatómicos.

Harmonizando o espazo coa funcionalidade, temos a segunda habitación que conta cunha cama de 135x 190 con colchón air visco. Esta habitación conta con saída ó balcón, con dúas cadeiras.

Estancias con Alma

Rodeados por praias

A menos de 100 m, agárdanos a pequena Praia da Ribeira, situada dentro do pobo, calmada e moi protexida, ideal para un baño despois dun apetitoso almorzo na terraza da casa.

Para camiñar, facer padel surf, nadar, mergullarse ou, por suposto, tumbarse ó sol, temos a Praia da Langosteira con case 2 km de areal. Para chegar alí podemos camiñar durante uns 20 minutos a distancia que nos separa dende a casa, que é de apenas 1,5 km.

Mar de Fora é a praia que pecha o triángulo de areais próximos a Alma Fisterrá. Beleza salvaxe e bravura por igual, poderían definir a unha das praias máis auténticas da Costa da Morte. Escollida polos amantes do surf e dos entornos naturais, nesta praia de case 500 m, desfrútase dun dos solpores máis espectaculares e apreciados do noso entorno. Camiñando uns 18 min chegamos a ela.

Fin do camiño

Ben coñecida é a notoriedade que Fisterra acadou nestes últimos 15 anos, co redescubrimento por parte dos visitantes dunha rexión, a da Costa da Morte, que mantén a esencia dunha terra auténtica con tesouros naturais, paisaxísticos, culturais e gastronómicos.

A consolidación como Fin do Camiño de Santiago trouxo consigo a internacionalización dun turismo sostible que atopou en Fisterra a calidade e a opción de desconexión a un prezo xusto e sen a masificación que sofren outras rexións turísticas en España.

Alma Fisterrá

Desfrute da tranquilidade dunha antiga casa mariñeira

Non o pense máis e póñase en contacto con nos para facer a súa reserva. Pase aquí a noite e goce do fermoso entorno no que nos atopamos.

Contactar